viernes, 14 de enero de 2022

Venres, 14 de xaneiro de 2022

Olaaa!! 
Hoxe tivemos clase de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e Arts. Á última hora, estivemos na biblioteca vendo unha nova mensaxe de Pancholiño: este mes de xaneiro, lévanos a Cruz de Touro. 
  • En lingua castelá, practicamos os sons z e c, realizando as páxinas 55, 56 e 57. 
  • En matemáticas, practicamos o cálculo mental coa páxina 78. 
  • En lingua galega, traballamos os artigos indeterminados (un, unha, uns, unhas) nas páxinas 52 e 53 do libro. Despois, rematamos o exercicio 6 da páxina 51 que nos quedara pendente de onte. 
  • En Arts, comezamos a facer un Winter Polar Bear. Podedes ver o proceso todo aquí debaixo, se desexades empezar a facelo nas vosas casas.  
Os que así o queirades, podedes facer esta ficha de comprensión lectora durante a fin de semana. 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proxecto: Animais

 Proxecto : ANIMAIS Ola familias!  Como ben sabedes estamos a piques de deixar atrás o Nivel4 de espionaxe. Todo espía ten que pensar por si...