lunes, 17 de enero de 2022

Luns, 17 de xaneiro de 2022

 Ola! 

Hoxe tivemos clase de matemáticas, lingua galega, sociais, música e English. 

  • En matemáticas, realizamos a páxina 79 do libro. 
  • En lingua galega, traballamos a letra H coas páxinas 36 e 37 do caderniño das letras. 
  • En sociais, estivemos falamos do tempo presente, pasado e futuro, coa axuda das páxinas 44 e 45 do libro. 
  • Finalmente, podedes ver o que fixemos en English na seguinte presentación.  

A maiores, hoxe os profes faláronnos dun novo xogo de lectura no que participaremos! Escalaremos cumes lendo libros!  
A partir de mañá, teremos un carne lector e un rexistro de lectura! Poderemos coller na biblioteca un ou dos libros á semana! 
Se conseguimos ler 10 libros, pasaremos do primeiro nivel (ratiña) ao segundo nivel (raposiño). Podedes ver unha pequena explicación do carné lector na seguinte presentación. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proxecto: Animais

 Proxecto : ANIMAIS Ola familias!  Como ben sabedes estamos a piques de deixar atrás o Nivel4 de espionaxe. Todo espía ten que pensar por si...