jueves, 20 de enero de 2022

Xoves, 20 de xaneiro de 2022

 Ola!! 

Hoxe tivemos Educación Física e tamén traballamos matemáticas e ciencias da natureza. 

  • En matemáticas, repasamos todo o aprendido na unidade 4 coa axuda das páxinas 84, 85, 86 e 87. 
  • En ciencias da natureza, estivemos falando das plantas cultivadas e silvestres así como dos animais salvaxes e domésticos. Para iso, realizamos as páxinas 48 e 49 do libro. 
  • Á última hora, estivemos investigando sobre o pico dos 8 miles que toca este mes: Cruz de Touro. 

miércoles, 19 de enero de 2022

Mércores, 19 de xaneiro de 2022


Ola!!
Hoxe tivemos clase de matemáticas, lingua galega, sociais, inglés e lingua castelá. 
  • En matemáticas, practicamos a resolución de problemas coas páxinas 82 e 83. 
  • En lingua galega, practicamos os sons ZA, ZO, ZU, CE, CI. Para iso, primeiro lemos as oracións da imaxe e logo realizamos a páxinas 38 e 39 do caderniño das letras. 
  • En ciencias sociais, traballamos os días da semana nas páxinas 46 e 47 do  libro.
  • En inglés, continuamos traballando o vocabulario das pezas da roupa e rematamos as páxinas 24 e 25 do libro. 
  • En lengua castellana, traballamos a páxina 59. 
 

martes, 18 de enero de 2022

Martes, 18 de xaneiro de 2022

 Ola!!

Hoxe tivemos clase de Educación Física, matemáticas, ciencias da natureza, relixión e lingua castelá. 

  • En matemáticas, estivemos traballando as táboas de dobre entrada, coas  páxinas 80 e 81. 
  • En ciencias da natureza, falamos sobre os animais: cales son as súas extremidades, como se desprazan, como se alimentan (herbívoros, carnívoros e omnívoros) e como se reproducen (ovíparos e vivíparos). Para iso, realizamos as páxinas 46 e 47. 
  • En lingua castelá, traballamos os sons C e Z a través da páxina 58 do libro. 

Hoxe tamén collemos libros na biblioteca. Esta semana podemos lelos e anotalos no noso caderniño de lectura para así gañar nuha estrela no noso carné lector. 

lunes, 17 de enero de 2022

Luns, 17 de xaneiro de 2022

 Ola! 

Hoxe tivemos clase de matemáticas, lingua galega, sociais, música e English. 

  • En matemáticas, realizamos a páxina 79 do libro. 
  • En lingua galega, traballamos a letra H coas páxinas 36 e 37 do caderniño das letras. 
  • En sociais, estivemos falamos do tempo presente, pasado e futuro, coa axuda das páxinas 44 e 45 do libro. 
  • Finalmente, podedes ver o que fixemos en English na seguinte presentación.  

A maiores, hoxe os profes faláronnos dun novo xogo de lectura no que participaremos! Escalaremos cumes lendo libros!  
A partir de mañá, teremos un carne lector e un rexistro de lectura! Poderemos coller na biblioteca un ou dos libros á semana! 
Se conseguimos ler 10 libros, pasaremos do primeiro nivel (ratiña) ao segundo nivel (raposiño). Podedes ver unha pequena explicación do carné lector na seguinte presentación. 

viernes, 14 de enero de 2022

Venres, 14 de xaneiro de 2022

Olaaa!! 
Hoxe tivemos clase de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e Arts. Á última hora, estivemos na biblioteca vendo unha nova mensaxe de Pancholiño: este mes de xaneiro, lévanos a Cruz de Touro. 
  • En lingua castelá, practicamos os sons z e c, realizando as páxinas 55, 56 e 57. 
  • En matemáticas, practicamos o cálculo mental coa páxina 78. 
  • En lingua galega, traballamos os artigos indeterminados (un, unha, uns, unhas) nas páxinas 52 e 53 do libro. Despois, rematamos o exercicio 6 da páxina 51 que nos quedara pendente de onte. 
  • En Arts, comezamos a facer un Winter Polar Bear. Podedes ver o proceso todo aquí debaixo, se desexades empezar a facelo nas vosas casas.  
Os que así o queirades, podedes facer esta ficha de comprensión lectora durante a fin de semana. 



 

jueves, 13 de enero de 2022

Xoves, 13 de xaneiro de 2022

 Olaa! 

Hoxe tivemos clase de Educación Física, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Lingua Castelá e Lingua Galega. 

En matemáticas, estivemos practicando as sumas e as restas no libro, nas páxinas 76 e 77. 

En ciencias da natureza, repasamos os seres vivos e as súas características. Logo, traballamos as plantas, as súas partes e tipos, nas páxinas 44 e 45. 

En lingua castelá, traballamos as páxinas 52, 53 e 54 do libro. 

En lingua galega, practicamos a letra H, lendo unhas oracións. Despois, traballamos a páxina 50 e 51 do libro. 




miércoles, 12 de enero de 2022

Mércores, 12 de xaneiro

 Ola!!

Hoxe tivemos clase de matemáticas, sociais, lengua castelá, lingua galega e inglés. 

En matemáticas, estivemos traballando a resta nas páxinas 72 e 73 do libro así como o círculo, o cadrado e o triángulo nas páxinas 74 e 75. 

En sociais, estivemos repasando a unidade 1 e a unidade 2 cun xogo de preguntas que podedes atopar no libro nas páxinas 38 e 39. 

En lingua castelá, estivemos practicando vocabulario das partes da casa nas páxinas 50 e 51. 

En lingua galega, practicamos as sílabas GÜE e GÜI coas páxinas 34 e 35 do caderno das letras. 

Finalmente, deixámosvos unha presentación co que fixemos na aula de inglés. 

martes, 11 de enero de 2022

Martes, 11 de xaneiro de 2022

 Ola!!

Hoxe, entre outras cousas, estivemos traballando ciencias da natureza e matemáticas. 

En matemáticas, continuamos a voltas cos números e completamos as páxinas 68, 69, 70 e 71. 

En ciencias da natureza, estivemos falando dos seres vivos e dos seres inertes. Saberías por un exemplo de ser vivo? E un exemplo de ser inerte? Este vídeo pódeche axudar! Despois de velo, fixemos as páxinas 42 e 43 do libro de ciencias. 


lunes, 10 de enero de 2022

Luns, 10 de xaneiro de 2022

 Ola, rapaces!! 

Que tal foron as vacacións de Nadal! Voltamos de novo ás clases!

En mates, estivemos repasando os números coa axuda da táboa do 100 e facendo un chisquiño máis dos cuaderniños. Se queredes, podedes facer algunha folla do cuaderniño de cálculo! 

En lingua galega, estivemos practicando as sílabas ga, go, gu, gue, gui, güe, güi. Para iso, lemos algunhas oracións nas que aparecían palabras con estas sílabas. Ademais, fixemos a páxina 33 do libro das letras. 



Proxecto: Animais

 Proxecto : ANIMAIS Ola familias!  Como ben sabedes estamos a piques de deixar atrás o Nivel4 de espionaxe. Todo espía ten que pensar por si...