domingo, 15 de noviembre de 2020

MAGOSTO🌰

O pasado venres celebramos o tan esperado magosto e pasámolo xenial! Deixovos aquí algunhas fotos para que vexades o felices que estabamos no San Roque. Esperamos facer outra saída pronto.










domingo, 8 de noviembre de 2020

PROXECTO ROTEIRO TERMAL, SEGUNDA PARADA

Hoxe Pancholiño traenos a seguinte parada na nosa aventura do Roteiro Termal. Esta vez viaxamos a BANDE. 

Deixanos aquí os enlaces para que investiguemos un pouquiño acerca de Bande. Que lugares máis fermosos temos na Baixa Limia!

miércoles, 4 de noviembre de 2020

PROXECTO ROTEIRO TERMAL♨

 Ola a todos e todas! Estades preparados? 


Comezamos a aventura no noso ROTEIRO TERMAL! Esta semana facemos a primeira parada en Lobios. 

Coñeceremos as aldeas de A Cela e Puxedo; a Banda de Música de Lobios, Aquis Originis e o Foxo do Lobo de Guende.

Para que vos sexa máis doado empezar a investigar Pancholiño nos deixa o enlace de Symbaloo con pistas para que pouco a pouco descubrades o fermoso e curioso é o lugar donde vivedes, Lobios. 


Pincha aquí:👇


PARADA LOBIOS


Cada semana ireimos deixando novas pistas para coñezar as pescudas sobre cada un dos 24 concellos da provincia de Ourense nos que contamos co recurso termal.

domingo, 1 de noviembre de 2020

SAMAÍN👻

 Noraboa polos vosos esqueletos, sodes uns artistas e grazas as familias pola vosa implicación. A nosa porta de aula é terroríficamente bonita grazas aos vosos esqueletos. E ademais fixemos un morcegos moi creativos para decorar a entrada do colexio.

Pasamos un día xenial de Samaín cheo de sorpresas e agasallos!







E aquí vos deixo a canción que tanto vos gusta do Samaín!




SOMOS SÚPER HÉROES!!

Durante este mes estiveron traballando coa profe Mirian na materia de Arts&Crafts o seu debuxo de súper héroes e súper heroínas e mirade que ben quedaron!

Moi ben, sodes uns pequenos artistas!!!




 




Proxecto: Animais

 Proxecto : ANIMAIS Ola familias!  Como ben sabedes estamos a piques de deixar atrás o Nivel4 de espionaxe. Todo espía ten que pensar por si...