jueves, 9 de febrero de 2023

Proxecto: Animais

 Proxecto : ANIMAIS


Ola familias! 

Como ben sabedes estamos a piques de deixar atrás o Nivel4 de espionaxe. Todo espía ten que pensar por si mesm@ e ser capaz de resolver calquer misterio ou misión, pero para poder chegar iso é moi importante que antes entrenemos a mente, o corazón e descubramos xuntos o mundo que nos rodea. Neste novo desafío tocou coñecer en profundidade os animais. 

Todo comeza cunha carta de Galdur traída por unha convidada moi especial de catro patas onde nos presenta este novo desafío. 




Diante de nos había un gran reto: saber como é o nacemento, desprazamento e alimentación dos animais, ao mesmo tempo que coñeciamos o adxectivo, artigos e novo vocabulario para escribir moi ben e que así nos entendese todo o cole á hora de iniciar unha recollida de alimentos para a protectora. 
Como sempre, os futuros espías de Lobios a través de xogos e dinámicas cooperativas de aprendizaxe(as mais recurridas son o folio xiratorio, 1-2-4 e lapis ao centro )onde cada rapaz e rapaza desenvolve un rol crucial para lograr que todos aprendan. Así foron asentando todos os contidos necesarios para demostrar que a nosa aula é un espazo vivo e que cada día ocorren acontecementos novos. Velaquí algunhas probas: 















































Hai moitas máis cousas que fixemos que foi imposible documentar, tamén hai moitos vídeos que polo peso son imposibles de subir, pero eso sí, vir o cole é toda unha aventura compartida! 

jueves, 20 de enero de 2022

Xoves, 20 de xaneiro de 2022

 Ola!! 

Hoxe tivemos Educación Física e tamén traballamos matemáticas e ciencias da natureza. 

  • En matemáticas, repasamos todo o aprendido na unidade 4 coa axuda das páxinas 84, 85, 86 e 87. 
  • En ciencias da natureza, estivemos falando das plantas cultivadas e silvestres así como dos animais salvaxes e domésticos. Para iso, realizamos as páxinas 48 e 49 do libro. 
  • Á última hora, estivemos investigando sobre o pico dos 8 miles que toca este mes: Cruz de Touro. 

miércoles, 19 de enero de 2022

Mércores, 19 de xaneiro de 2022


Ola!!
Hoxe tivemos clase de matemáticas, lingua galega, sociais, inglés e lingua castelá. 
  • En matemáticas, practicamos a resolución de problemas coas páxinas 82 e 83. 
  • En lingua galega, practicamos os sons ZA, ZO, ZU, CE, CI. Para iso, primeiro lemos as oracións da imaxe e logo realizamos a páxinas 38 e 39 do caderniño das letras. 
  • En ciencias sociais, traballamos os días da semana nas páxinas 46 e 47 do  libro.
  • En inglés, continuamos traballando o vocabulario das pezas da roupa e rematamos as páxinas 24 e 25 do libro. 
  • En lengua castellana, traballamos a páxina 59. 
 

martes, 18 de enero de 2022

Martes, 18 de xaneiro de 2022

 Ola!!

Hoxe tivemos clase de Educación Física, matemáticas, ciencias da natureza, relixión e lingua castelá. 

  • En matemáticas, estivemos traballando as táboas de dobre entrada, coas  páxinas 80 e 81. 
  • En ciencias da natureza, falamos sobre os animais: cales son as súas extremidades, como se desprazan, como se alimentan (herbívoros, carnívoros e omnívoros) e como se reproducen (ovíparos e vivíparos). Para iso, realizamos as páxinas 46 e 47. 
  • En lingua castelá, traballamos os sons C e Z a través da páxina 58 do libro. 

Hoxe tamén collemos libros na biblioteca. Esta semana podemos lelos e anotalos no noso caderniño de lectura para así gañar nuha estrela no noso carné lector. 

lunes, 17 de enero de 2022

Luns, 17 de xaneiro de 2022

 Ola! 

Hoxe tivemos clase de matemáticas, lingua galega, sociais, música e English. 

  • En matemáticas, realizamos a páxina 79 do libro. 
  • En lingua galega, traballamos a letra H coas páxinas 36 e 37 do caderniño das letras. 
  • En sociais, estivemos falamos do tempo presente, pasado e futuro, coa axuda das páxinas 44 e 45 do libro. 
  • Finalmente, podedes ver o que fixemos en English na seguinte presentación.  

A maiores, hoxe os profes faláronnos dun novo xogo de lectura no que participaremos! Escalaremos cumes lendo libros!  
A partir de mañá, teremos un carne lector e un rexistro de lectura! Poderemos coller na biblioteca un ou dos libros á semana! 
Se conseguimos ler 10 libros, pasaremos do primeiro nivel (ratiña) ao segundo nivel (raposiño). Podedes ver unha pequena explicación do carné lector na seguinte presentación. 

viernes, 14 de enero de 2022

Venres, 14 de xaneiro de 2022

Olaaa!! 
Hoxe tivemos clase de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e Arts. Á última hora, estivemos na biblioteca vendo unha nova mensaxe de Pancholiño: este mes de xaneiro, lévanos a Cruz de Touro. 
  • En lingua castelá, practicamos os sons z e c, realizando as páxinas 55, 56 e 57. 
  • En matemáticas, practicamos o cálculo mental coa páxina 78. 
  • En lingua galega, traballamos os artigos indeterminados (un, unha, uns, unhas) nas páxinas 52 e 53 do libro. Despois, rematamos o exercicio 6 da páxina 51 que nos quedara pendente de onte. 
  • En Arts, comezamos a facer un Winter Polar Bear. Podedes ver o proceso todo aquí debaixo, se desexades empezar a facelo nas vosas casas.  
Os que así o queirades, podedes facer esta ficha de comprensión lectora durante a fin de semana. 



 

jueves, 13 de enero de 2022

Xoves, 13 de xaneiro de 2022

 Olaa! 

Hoxe tivemos clase de Educación Física, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Lingua Castelá e Lingua Galega. 

En matemáticas, estivemos practicando as sumas e as restas no libro, nas páxinas 76 e 77. 

En ciencias da natureza, repasamos os seres vivos e as súas características. Logo, traballamos as plantas, as súas partes e tipos, nas páxinas 44 e 45. 

En lingua castelá, traballamos as páxinas 52, 53 e 54 do libro. 

En lingua galega, practicamos a letra H, lendo unhas oracións. Despois, traballamos a páxina 50 e 51 do libro. 




Proxecto: Animais

 Proxecto : ANIMAIS Ola familias!  Como ben sabedes estamos a piques de deixar atrás o Nivel4 de espionaxe. Todo espía ten que pensar por si...