Valentina cumpliu 7 anos esta semana. E regalamoslle unha tarxeta chea de felicitacións con moito cariño.
Esperamos que che gustara e que cumplas moitos máis!
Valentina cumpliu 7 anos esta semana. E regalamoslle unha tarxeta chea de felicitacións con moito cariño.
Esperamos que che gustara e que cumplas moitos máis!
Esta semana aproveitamos que saiu o sol para ir ao Eco Horto a coidar da nosa parcela. Esta vez estivemos arando a terra e quitándolle as malas herbas.
Para conmemorar a gran Rosalía de Castro creamos os nosos propios colares personalizados para convertirnos por un día en rapeiros e rapeiras. Tamén nos convertimos en artistas pintando un troziño de mural de Rosalía, mirade:
Vela aquí tedes os colares, que bonitos quedaron!
E aquí o vídeo do rap da Rosalía no que participou todo o alumnado do centro, que artistas!
Nesta semana estivemos traballando o entroido na nosa aula. Fixemos moitas actividades: decoramos a aula con máscaras da provincia, investigamos sobre elas, xogamos a diferentes xogos de entroido, diseñamos os nosos antifaces de superwomans e supermans, xogamos ao bingo de entroido e desfrutamos do xogo da búsqueda do tesouro das máscaras da provincia acompañado do baile final.
Foi unha semana chea de traballo e diversión, aquí tedes un resumo do que fixemos.
Bo entroido pequen@s, repoñede forzas que seguimos dispostos a seguir aprendendo moito!
Ainhoa este domingo 14 de febreiro cumplirá 7 anos, e como o luns non nos imos ver quixemos ter un detalliño con ela. Moitos parabéns e que cumplas moitos máis!
Onte, o día 4 de febreiro de 2021 conmemoramos na nosa aula o Día mundial contra o cáncer. Quixemos mandarlle unha mensaxe a todas esas personas que por desgraza loitaron, loitan ou loitarán contra este enfermidade.
Desexamos non ter que conmemorar máis este día e que encontren pronto unha "vaciña" para esta enfermidade.
Estivemos esperando a que estiveramos todos na aula para poder abrir a "Caixa de xogos da Paz". E hoxe para celebrar que Nerea e Wyatt chegaron pasamos un bo rato xogando ao dominó, ao dobble, o memory , tres en raia e puzzles da Paz!
Vela aquí algunhas fotos,
Estivemos facendo moitas actividades para o día da Paz e non violencia, aquí podedes ver un resumo do feito... Que artistas temos na clase.
Proxecto : ANIMAIS Ola familias! Como ben sabedes estamos a piques de deixar atrás o Nivel4 de espionaxe. Todo espía ten que pensar por si...